Vigo al minuto

Traballadores de limpeza de zonas verdes de Vigo convocan unha folga indefinida dende o día 28

Zona verdeO comité de Althenia, a nova concesionaria do servizo municipal de mantemento e conservación das zonas verdes de Vigo, anunciou a convocatoria de folga indefinida a partir do luns 28 de setembro «ante a discriminación do persoal subrogado». A representación sindical denuncia que a empresa négase a aplicarlle o convenio propio de parques e xardíns aos traballadores que antes pertencían ao servizo de parques forestais e ao de xardinaría da zona de Balaídos, rexidos polo convenio estatal.

«Isto supón unha diferenza salarial de 6000 € anuais, o que na práctica significa un caso claro de discriminación entre traballadores que agora pertencen á mesma concesión unha vez unificadas as tres».

Os representantes dos traballadores indican que esta situación fixo que acudisen á Inspección de Traballo, “que nos deu razón”. Diante disto, o cadro de persoal decidiu por unanimidade en asemblea convocar a folga, o que lle foi comunicado á dirección, “que respostou que non ten nada que dicir”. O Concello limitouse a asegurar que só poden facerlle cumprir á empresa o prego de condicións, “algo que por outra banda tamén incumpre a empresa”.

Isto está a provocar, sinalan, que a prestación do servizo se atope “moi deteriorada”, con servizos que non se prestan ante a falta de material axeitado. “Os traballadores xa están a padecer o resultadode adxudicar un servizo por menos de 18 millóns de euros”. A folga só virá a empeorar a situación xa que, ademais de ao mantemento das zonas verdes, afectará á recollida do lixo no paseo de Samil, e incluso ao funcionamento das piscinas municipais -xa que os socorristas pertencen tamén á concesionaria-.

Entre as principais deficiencias atopadas coa chegada da nova empresa -algunhas delas aínda se manteñen a día de hoxe- os traballadores indican: a ausencia dunha nave e de vestiarios, falta de roupa (incluíndo traxes de auga) e de botas e furgonetas sen reixas interiores, o que constitúe un perigo para os operarios durante o transporte das ferramentas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.