Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Este martes empezan as operacións no novo hospital, oito en total

HAC1Os especialistas dos servizo de Uroloxía, Otorrinolaringoloxía, Cirurxía vascular e Cirurxía torácica serán os primeiros profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) en estrear os quirófanos do Álvaro Cunqueiro. Así, este martes, estes equipos realizarán nas catro salas cirúrxicas programadas, dúas intervencións cada un deles. En total, na xornada de mañá vanse operar 8 pacientes no novo hospital .

Os catro xefes de servizo que estrearán as nova instalacións coinciden en explicar que para o primeiro día de actividade seleccionaron pacientes que requerían procedementos simples e, de xeito gradual, ir incrementando a súa complexidade a medida que vaian comprobando e testando as novas instalacións.

Así, o servizo de Anxioloxía e Cirurxía Vascular realizará dous procedementos a pacientes con fístulas arteriovenosas; ORL dúas intervencións de tabiques do nariz; Cirurxía torácica dúas toracoscopias -procedemento endoscópico a través do tórax-; e Uroloxía realizará unha operación de próstata e un implante dun esfínter artificial.

HAC2Esta última será a intervención de maior complexidade. Segundo afirma o encargado de levala a cabo, o xefe do servizo de Uroloxía do Chuvi, Antonio Ojea “trátase dunha intervención que tecnicamente presenta certa complexidade, implica utilización de tecnoloxía e ten un alto custe sanitario; pero estamos tranquilos, xa que temos experiencia nesta técnica, ao ano realizamos uns 40 implantes deste tipo, e contentos de poder estrear xa os novos quirófanos” -.

Os equipos que realizarán mañá estas primeiras intervencións son os equipos cirúrxicos habituais, compostos por dous especialistas de cada servizo, anestesiólogos, efectivos de enfermaría e celadores de quirófano.

Paralelamente ao comezo da actividade cirúrxica, iniciará este luns a súa actividade a Unidade de Reanimación do Hospital Álvaro Cunqueiro, emprazada ao carón do bloque cirúrxico. O novo hospital conta con 60 postos totais de recuperación postanestésica, distribuídos en dous Reanimacións e dous Despertares postcirúrxicos.

También te puede interesar