Vigo al minuto

Denuncian de novas roturas no abastecemento de auga en Teis

Teis1A Asociación Veciñal de Teis, denuncia que este domingo producíronse tres roturas na rede abastecemento de auga da Subida á Ponte, provocando o corte do suministro de auga a veciñanza deste lugar durante toda a mañá. Ademais de problemas no trafico nesta rúa.

“Nesta rúa son continuas as roturas así como na Avenida de Galicia, feitos que xa ten denunciado esta asociación de xeito reiterado, diante do Concello “, indican dende a asociación.

Teis2Segundo os veciños, a Subida á Ponte e a Avenida de Galicia, son os vías que presentan o maior número de roturas de tubaxes no barrio de Teis e sublñiñan que estas roturas “prodúcense debido ao deterioro das tubaxes, que precisan dunha renovación total”.

A Asociación lembra que xa realizou unha campaña de denuncia do mal estado do mantemento da rede de abastecemento de auga e saneamento, nalgunhas rúas de Teis. Esta campaña conseguiu algunha actuación do Concello nalgunhas rúas, pero que foi insuficiente ao non actuar en todas as rúas que presentan problemas de roturas de tubaxes.

Teis3“Esta situación amosa unha vez máis falta de control e de seguimento por parte do Concello sobre a empresa concesionaria deste servizo municipal. O mal estado da rede en varios puntos de Teis e coñecido, pero non se quer solucionar”, comentan, engadindo que os veciños demandan da Concellería de Fomento, unha “actuación urxente e inmediata na Subida á Ponte e na Avenida de Galicia, para a renovación da rede de abastecemento de auga”.

También te puede interesar