Galicia

Curtis aprobará unha proposta para que os concellos impulsen o consumo de leite “100% galego”

LeiteO concello coruñés de Curtis aprobará no vindeiro Pleno unha proposta do alcalde, o popular Javier Caínzos, para que se aposte e impulse polo consumo de leite 100% galego, de xeito que se aposte por un producto de “excelente calidade do que viven ducias de familias do concello”.

Segundo indica o alcalde nunha nota, hai que xuntar esforzos de todas as administracións, organismos e entidades para “identificar a orixe do leite e o feito de que esta calidade diferenciada, que se produce nas granxas de Galicia sexa coñecida polos consumidores”.

O alcalde subliña, ademáis, que esta iniciativa ten que estar acompañada por unha acción decidida e continuada de defensa coa adopción de medidas concretas e urxentes para que os gandeiros cobren un “prexo xusto polo leite que producen”.

También te puede interesar