Vigo al minuto

Festa veciñal de Teis, este domingo, na ETEA

ETEAA Asociación Veciñal de Teis, organiza este vindeiro domingo, 20 de setembro, a X festa veciñal de Teis. Nesta edición celebrarase nos terreos da antiga ETEA, en concreto na praza de armas. “A elección do lugar non é casual. Facémolo para seguir a reivindicar o uso público destes terreos e o logro que supuxo para veciñanza de Teis e de Vigo, recuperar este espazo logo de estar tantos anos vetados ao ser terreos militares”, indican os veciños.

A veciñanza esixe a recuperación total deste espazo para a veciñanza, “ainda hai moito por facer: a apertura de todas as instalacións deportivas, a construción de dotacións para o barrio, como unha residencia para maiores ou unha biblioteca, o desenvolvemento da Cidade do Mar ou o mantemento do paseo e do parque público existentes”.

A festa inclúe como en anos anteriores un amplo programa de actividades:ás 12:30 horas. Banda de música Atlántida de Matamá; 14:00 horas. Xantar; 17:00 horas. Coral de Teis; 18:00 horas. Barafunda; 19:00 horas. Que che importa; 20:00 horas. Grupo de acordeóns de C.V.C de Valladares.

Xantar veciñal

Como en anos anteriores haberá un xantar na propia festa ao prezo de 20 € para socios e 25 € para non socios, cun menú de empanada, polbo, carne ao caldeiro, sobremesa, viños e café. Os interesados deben anotarse previamente no local da asociación até este mismo venres. Este ano, ademáis, como novidade haberá un posto de comida durante toda a festa para gozar do churrasco e do polbo.

Actividades infatís

Durante a festa habrerá un espazo e actividades para os pequenos do barrio, con inchábeis mañá (12:30 a 14:00 h) e tarde (17:00 a 20:00 h), obradoiros infantís de 17 a 20 horas e un contacontos ás 6 da tarde.

También te puede interesar