'Qué te cuentas?'

O xerente da Área Sanitaria rexeita as denuncias sobre o novo hospital e cuestiona o traballo dos xornalistas

O xerente da Área Sanitaria de Vigo, o doutor Félix Ruibal/Tresyuno Comunicación
O xerente da Área Sanitaria de Vigo, o doutor Félix Ruibal/Tresyuno Comunicación

O xerente da Área Sanitaria de Vigo, enviou unha nota na que non so rexeita as denuncias sobre as carencias do novo hospital, manifestadas esta mañá nunha comparencia pública de máis de 2 horas, con datos, situación, datas e unidades concretas, de profesionales de Radioloxía, Anatomía Patolóxica, Hematoloxía, Obstetricia, Cardioloxía, Oncoloxía, Anatomía Patolóxica, do Laboratorio e de la Unidade de Coidados Intensivos (UCI), senon que sinala que a información que dan os medios de comunicación responde a intereses particulares.

A xerencia sinala que na Área Sanitaria de Vigo “traballan  máis de 6.700 profesionais e, aínda respetando todas as opinións, é evidente que un proceso tan complexo como é apertura e traslado dun hospital, non pode facerse seguindo os criterios de todos e cada un dos traballadores”.

Na nota o xerente subliña que “cómpre diferenciar entre as afirmacións que cuestionan ás condicións das prestacións asistenciais -que o Sergas rexeita categoricamente- e as denuncias das incidencias que se poden rexistrar no desenvolvemento dun proceso desta complexidade, e ás que se están a dar resposta segundo a súa prioridade e importancia”.

Asimesmo, reitera que as incidencias rexistradas ata o momento enmárcanse na máis absoluta normalidade nun proceso de traslado e apertura dun novo hospital e na complexa reordenación integral da atención hospitalaria na área sanitaria de Vigo”.

Por último, cuestiona a labor dos xornalistas concluindo que “dende a dirección quérese facer un chamamento á responsabilidade na información que se transmite á cidadanía. O interese común non pode sacrificarse en aras dun interese particular”.

También te puede interesar