RGPD - Cookies
Galicia

Educación convoca as axudas dirixidas a titulados universitarios desempregados para cursar másteres oficiais

UniversitariosA Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publica este mércores no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas destinadas a titulados universitarios en situación de desemprego para cursar másteres oficiais no curso 2015-2016, dotada con 200.000 €.

A contía da bolsa, que vai desde os 1.215 € aos 1.788 € por beneficiario, cubrirá o importe correspondente a 60 créditos de primeira matrícula do máster universitario segundo os prezos públicos fixados pola Xunta para este curso académico.

Tal como establece a convocatoria, os interesados en solicitar estas bolsas deben estar en posesión dun título universitario expedido con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2013; estar matriculado nun máster oficial ofertado polas universidade so Sistema Universitario de Galicia, cun mínimo de 60 créditos; residir en Galicia polo menos nos últimos tres anos; e estar inscrito como demandante de emprego durante un período igual ou superior a 180 días; entre outros.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a partir deste xoves, día 17 de setembro, e as solicitudes deberán formalizarse preferiblemente por vía electrónica na sede https://sede.xunta.es; ou ben en soporte papel nos rexistros legalmente establecidos.

También te puede interesar