'Qué te cuentas?'

Linda Gray, a de “estás bébeda Suelen” cumpre 75 anos

Xotaerre e Suelen, en Dallas
Xotaerre e Suelen, en Dallas

Foi a protagonista dunha das frases máis lembradas dos inicios da TVG. É Linda Gray, a actriz que facía da muller sufridora e alcohólica do inesquencible’ Xotaerre’ Ewing, o fillo maior dos petroleiros texanos Ewing, e o home sen escrúpulos que ao chegar a casa decíalle, “Estás bébeda Sue Ellen”.

Pois ben, Sue Ellen, cumpre 75 anos. Deles 11 estivo facendo o seu papel na serie Dallas, mesmo dirixiu varios dos episodios entre 1978 e 1989. Logo aparecería en dúas películas sobre a popular serie ‘J.R. Returns’ (1996) e ‘The War of the Ewings (1998)’e, máis tarde, en 2012, na continuación, sen éxito nigún, da propia ‘Dallas’.

Esta foi so unha das moitas ‘frases míticas’ das doblaxes en galego. Detrás dela chegarían outras, como ‘vai rañala raparigo’, de Terminator; a o me detés ou lisca de aquí dunha puta vez” de Sharon Stone a Michel Douglas en ‘Instinto Básico’; “mete o facho no cú, mono de merda”, de Charlton Heston en ‘O planeta dos simios’ e, unha das mellores de todas, ao final de ‘Foise co vento’: Rhett Butler respóndelle a Escarlata O’Hara cando lle pregunta qué vai ser dela sen él, “Francamente querida, impórtame un carallo”.

También te puede interesar