Comarcas

O Concello de Redondela entrega axudas de 34 € a 160 alumnos de Educación Infantil

colegio1A Concellería de Educación de Redondela ven de conceder axudas por valor de 34 € a 160 nenas e nenos de Educación Infantil matriculados en centros docentes públicos do concello. Estás axudas van destinadas a adquisición de libros e material escolar axudando as familias con menos recursos a facer fronte aos gastos que supón o inicio do curso escolar.

As familias que perciben esta axuda non poden superar os 8.125 € de renta per cápita no caso de ser familias monoparentais ou de 7.500 € para o resto das familias.

Os veciños xa comezaron a recoller os seus vales da axuda esta semana no concello para emplealo no material que lles soliciten aos nenos nos diferentes centros educativos. O concello destina unha partida para esta axuda de 5.500 €.

Esta axuda é compatible con calquera outra que reciban as familias sempre que non superen o custo dos libros e do material subvencionado.

También te puede interesar