RGPD - Cookies
Galicia

A débeda pública subiu preto dun millón ao día e xa é de 10.210 millóns, máis do 18% do PIB

O presidente Feijóo/Tresyuno Comunicación
O presidente Feijóo/Tresyuno Comunicación

10.210 millóns, esa é a débeda pública galega, casi 300 millóns de euros máis que no mesmo mes do ano pasado e máis do 18% do Producto Interior Bruto (PIB) de Galicia. Segundo os datos difundidos este venres polo Banco de España, a mesma incrementouse en máis dun 3% dende 2014.

No conxunto do Estado o que debemos xa representa un 97,7% de todo o que producimos en un ano, exactamente é de 1,052 billóns de euros, 6.600 millóns máis que no primeiro trimestre do ano pasado e un 30% máis dende que o ministro de Facenda e Administracións Públicas asumiu o seu cargo, cando era de algo menos de 734.000 millóns, o que significa que en apenas 4 anos de xestión, Cristóbal Montoro aumentou a débeda pública maís que o Goberno Zapatero-que non se carcterizou pola sua boa xestión económica precisamente- en dous lexislaturas.

También te puede interesar