Vigo al día

Caballero denuncia a “sarta de mentiras e calumnias de Feijóo” sobre o novo hospital

Feijóo e Caballero/Tresyuno Comunicación
Feijóo e Caballero/Tresyuno Comunicación

En resposta ás declaracións realizadas hoxe polo presidente do Goberno de Galicia sobre o novo Hospital de Vigo o alcalde asegura que “novamente Núñez Feijóo mente, calumnia, difama e ataca a Vigo”, igual que fixo coas caixas de aforros, o aeroporto ou a Área Metropolitana. “Unha vez máis Feijóo volve atacar a esta cidade”, afirma Abel Caballero.

Caballero fai referencia a “toda unha sarta de mentiras e calumnias de Feijóo” xa que “puido ter conseguido todo o terreo que quixera dado que o novo hospital de Vigo é un proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e foi o seu Goberno a que decidiu canto terreo quería ocupar. Nada tivo que ver o Concello nesa decisión”.

O alcalde engadiu que “o señor Feijóo segue mentindo ao ocultar que está dando negocio á empresa propietaria do hospital de Vigo, cando o único que os vigueses queren escoitar del é que o estacionamento sexa gratuíto: que nos explique porqué non declara o aparcamento gratuíto, iso é o que Vigo desexa escoitar e só depende de Núñez Feijóo”.

A xuízo de Caballero, o que fai o presidente do Goberno de Galicia é “enfangar” para non declarar gratuíto o aparcamento. “Que se deixe de criticar e que escoite o que a cidade de Vigo quere: que o aparcamento sexa gratis; e esta é unha decisión que pode adoptar mañá mesmo”.

 

También te puede interesar