RGPD - Cookies
Comarcas

Redondela, como Vigo, ofrécese a acoller a persoas procedentes de Siria e o bispado o fará por medio de Cáritas

RedondelaO alcalde de Redondela, como antes fixeran xa outros rexidores, entre eles o de Vigo, Compostela ou A Coruña, ven de remitir unha carta ao Goberno de Galicia no que ofrécese para colaborar, «do xeito que consideren máis útil» para acoller a persoas que están fuxindo da guerra de Siria cara a Europa.

Hai que lembrar que o Estado español, dacordo coas directrices da Unión Europea, terá que acoller a 15.000 persoas e que xa se creou unha comisión interministerial, dirixida pola vicepresidenta Sáenz de Santamaría, que traballará coas Comunidades.

Pola súa banda, a diócese de Tui-Vigo, ten a intención de organizar as acollidas por medio de Cáritas, como indicaron a vigoalminuto fontes do bispado. Nos vindeiros días haberá unha xuntanza para tratar este tema logo de que o Papa Francisco indicase a «cada unha das parroquias de Europa» que acollesen a unha familia. De cumplirse esta indicación, no que se refire á diócese de Tui-Vigo, podería acoller a un total de 276 familias, unha por cada parroquia da mesma.

También te puede interesar