Galicia

Os tractores rodean a sede da Presidencia do Goberno galego, en Compostela

COVMCb4WoAAvVuDPasadas ás 8 e media da tarde deste martes, centos de tractores acabaron de rodear o Edificio Administrativo de San Caetano, sede da Presidencia e do Goberno de Galicia. Os gandeiros chegaron ata alí dende diferentes puntos de Compostela onde máis de 3.000 tractores seguen paralizando a capital dende onte.

Os gandeiros tentaron entrar no recinto para poñer os seus camións diante da porta principal do edificio, pero atopáronse con un forte despliegue policial, o que provocou algúns momentos de tensión.

Logo de dialogar cos axentes, os traballadores acordaron aparcar os tractores fora do mesmo, na propia rúa San Caetano, na que como outras partes de Compostela-o centro, Avenida de Lugo, Praza de Galica, Hórreo ou diante do Carrefour, os cidadáns aplaudiron aos gandeiros e amosáronlles o seu apoio.

También te puede interesar