RGPD - Cookies
Galicia

Feijóo non comparecerá no Parlamento de Galicia para falar da crise do leite

Os gandeiros regalando leite fresco en Compostela, este martes pola mañá/ Fofo: @obloque
Os gandeiros regalando leite fresco en Compostela, este martes pola mañá/ Foto: @obloque

Así o decidiu o Partido Popular, impoñendo a súa maioría. Os representantes populares rexeitaron que o presidente Feijóo comparezca no Parlamento de Galicia no Pleno da semana que ven e tamán que o faga noutro monográfico para tartar da crise do leite. No seu lugar o fará a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana.

Á hora de redactar esta información, máis de 3.000 tractores seguen nas rúas de Compostela e a capital ten paralizadas varias das súas avenidas e estradas principais, entre elas O Hórreo, onde está o Parlamento, e a Avenida de Lugo.

Ademáis, dende hai preto dunha semana, outros 1.200 vehículos seguen aparcados na Ronda da Muralla de Lugo. Nos dous casos, os gandeiros non teñen intención de moverse ata que non se aproben «prezos xustos para o leite»- que en moitos casos págase a 18 céntimos de euro o litro, moi por baixo do custo de produción, o que pode levar a máis da metade das granxas á quebra e a milleiros de familias á ruina.

También te puede interesar