RGPD - Cookies
Comarcas

Xosé Manuel Rodríguez Méndez encabeza a representación de As Neves na manifestación contra o novo hospital

O alcalde de As Neves, a esquerda, cunto co voceiro nacional do BNG, Xabier Vence
O alcalde de As Neves, a esquerda, cunto co voceiro nacional do BNG, Xabier Vence

O alcalde de As Neves encabezou a representación dos veciños do concello que se achegaron a Vigo para participar na manifestación que reuniu na cidade a 200.000 persoas que rexeitaron a privatización da sanidade pública e o novo hospital, que debe atender a unha poboación de medio millón de persoas da provincia.

Os centos de nevenses que viaxaron a Vigo en varios autobuses alugados polo PSOE e o BNG, amosaron que rexeitan este centro sanitario que é a referencia do concello.

Dende hai semanas, o goberno local encabezado por Xosé Manuel Rodríguez Méndez ven realizando xestións e establecendo contactos para informar aos cidadáns sobre o funcionamento do Álvaro Cunqueiro e para conquerir a mellora e o abaratamento do desplazamento dende As Neves ata o novo hospital, con contactos coa empresa encargada do transporte e responsables do Goberno de Galicia, coa finalidade de que considere que os concellos do Condado teñan as mesmas ventaxas que aqueles integrados no Plan de Transporte Metropolitano de Vigo.

También te puede interesar