Vigo al día

Feijóo califica de “irresponsabilidade” a manifestación de onte en Vigo

Un momento da manifestación de onte en Vigo na que participaron 200.00 persoas/Tresyuno Comunicación
Un momento da manifestación de onte en Vigo na que participaron 200.00 persoas/Tresyuno Comunicación

Se algún dos 200.000 participantes na manifestación de onte en Vigo agardaban un cambio no presidente do Goberno de Galicia, poden seguir agardando. Alberto Núñez Feijóo calificou este venres, en Xinzo, como unha “irresponsabilidade” esta movilización que, subliñou, fíxose no momento en que todos tiñan que estar centrados no traslado ao Álvaro Cunqueiro, “un dos mellores hospitais públicos de España”.

O xefe do executivo distinguiu entre os que organizaron a manifestación e os que participaron nela. A os participantes díxolles que “non van quedar insatisfeitos co funcionamento dos hospitais, empezando polo grande hospital de Vigo”.

Feijóo engadiu que “do mesmo xeito que eles defenden a sanidade pública, o Goberno galego defende a sanidade pública e o seu presidente defende a sanidade pública”.

Casi a mesma hora, en Vigo, o alcalde advertiu que os vigueses “non permitirán que Feijóo se agoche detrás dunha conselleira”. Abel Caballero sinalou que centos de miles de persoas dos 26 concellos da Área Sanitaria viguesa, “de xeito excepcional, fantástico e clamoroso” dixeron que “esixen unha sanidade pública, gratuita e de calidade e o hospital que se merece a área máis importante de Galicia”.

Caballero advertiu que onte os cidadáns sairon á rúa porque o que estaba en xogo é a vida das persoas e, mentres elas estaban defendendo os seus dereitos, “o PP de Vigo, volveu a traizoar á cidade: os seus responsables preferiron obedecer as ordes de Feijóo e abandoar aos seus votantes que estaban por miles na manifestación”.

O alcalde adiantou que o mércores que ven terá unha xuntanza coa Xunta de Persoal do Álvaro Cunqueiro para seguir loitando “por unha sanidade pública e de calidade e para que se reforme todo o proxecto dun hospital que atende a máis de 600.000 persoas” no sur da provincia.

También te puede interesar