RGPD - Cookies
Galicia

AGE presenta unha iniciativa no Parlamento para que Galicia sexa declarada ‘terra de acollida’

Refuxiados siriosAlternativa Galega de Esquerda (AGE) vén de rexistrar unha iniciativa no parlamentaria na que  esixe á Xunta que declare Galicia como “terra de acollida” de persoas refuxiadas que marchan de países en guerra ou empobrecidos.

“O noso país debe asumir responsabilidades e asumir unha solidariedade activa coa xente que escapa das guerras e da miseria”.

A Comisión Europea vén de publicar a cantidade de persoas refuxiadas que debe asumir o Estado español para contribuír á solidariedade coas persoas refuxiadas, 5.837. “Se esa cantidade se reparte por comunidades autónomas segundo a poboación, a Galicia corresponderíanlle 707 refuxiadas e refuxiados. Isto é perfectamente asumíbel e demanda de nós mesmo un maior compromiso”, sinala Alternativa Galega de Esquerda.

A maiores da declaración de Galicia como “terra de acollida”, o grupo parlamentario someterá ao pleno do Parlamento de Galicia a necesidade de “crear un plan de acollida e dotalo economicamente, con partidas destinadas á posta en funcionamento de centros de acollida para persoas refuxiadas en condicións de dignidade”.

Ademáis, AGE solicita que o Goberno de Galicia, en base á Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948 e á Carta de Dereitos Fundamentais da propia Unión Europea, pida ao Goberno do Estado que se comprometa a acoller máis persoas das propostas pola Comisión Europea “para dar cumprimento ás normas en materia de dereitos das persoas refuxiadas e de asilo”.

También te puede interesar