RGPD - Cookies
Comarcas

Os recortes aprobados polo Goberno do Estado obrigan a pechar a Escola de Música de As Neves

Xosé Rodríguez Méndez, alcalde de As Neves
Xosé Rodríguez Méndez, alcalde de As Neves

En contra do difundido en distintas redes sociais por militantes e ex responsables locais do Partido Popular de As Neves, o alcalde quere subliñar que as políticas de austeridade no gasto público e de recortes na prestación de servizos socias aprobadas polo do Goberno do Estado, obrigaron á nova corporación municipal a ter que proceder ao peche da Escola de Música.

A Lei 36/2014 de Orzamentos Xerais do Estado- publicada no Boletín Oficial do Estado de 30 de Decembro de 2014- aprobada no Congreso e Senado, co respaldo da maioría absoluta do Partido Popular-, indica, en relación coas corporacións locais de menos de 5.000 habitantes, que “durante o ano 2015 non se procederá á contratación de persoal  temporal, ni ao nomeamento de persoal estatutario temporal ou de funcionarios interinos, agás en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaplazabeis”.

Xosé Manuel Rodríguez Méndez advirte que “ista foi a realidade que o Novo Goberno se atopou,  realidade que foi confirmada polo informe técnico elaborado pola Secretaría do propio Concello o pasado 12 de agosto”.

Por si o texto da lei de Orzamentos Xerais non fose motivo dabondo, a forma de contratación empregada ata agora polo Concello impide seguir coa continuidade do servizo. Boa proba diso son as demandas presentadas, o pasado mes de abril, durante a xestión do anterior goberno local, por catro profesores da Escola de Música Municipal.

O alcalde de As Neves, facendo o contrario do anterior goberno local, decidiu comunicar este feito él mesmo, en persoa, ás familias afectadas e mantivo unha xuntanza con elas para explicarlles a situación asumindo o compromiso de buscar solucións para procurar que os alumnos poidan continuar cos seus estudios de música.

Xosé Manuel Rodríguez fai seu, deste xeito, un problema que os membros do anterior goberno local e o partido ao que pertencen, o Partido Popular, xeraron, como eles saben ben e que, agora, tentan presentar como unha decisión do novo goberno, formado por BNG e PSOE que, como é público, votaron en contra os  Orzamentos do Estado para 2015.

 

También te puede interesar