Vigo al día

O día 14 empeza a funcionar o Plan de Tráfico en 13 colexios que serán os 80 de Vigo durante o curso

Alcalde-colegioO goberno local está a preparar o plan de tráfico nos colexios de cara ao inicio de curso, segundo explicou este martes o alcalde, dispoñendo xa información para os vehículos que están estacionados nas prazas reservadas para deixar e recoller aos alumnos, reservas que empezarán a funcionar o 14 de setembro. Caballero adiantou que se empregará o guindastre de ser necesario, unha vez pasou o verán e as probas feitas ao longo do mes de xuño.

Sempre con presenza policial nas primeiras xornadas para garantir a seguridade, o plan de tráfico municipal ponse en funcionamento en 13centros educativos (Escultor Acuña, Lope de Vega, Colegio San Miguel – Nebrija, Doctor Fleming e Villalaura, María Auxiliadora – Salesianos, Colegio Padre Miguez – Calasancias, Compañía de María – Enseñanza, María Inmaculada – Carmelitas, Illas Cíes, Amor de Dios, Vicente Risco, Maristas e García Barbón). Na seguinte semana súmanse 8 colexios máis (Celso Emilio Ferreiro, Frián Teis, Pombal, Canicouva, Monte da Guía, Altamar, Paz Tintureira e Cluni). A incorporación do resto de colexios, ata chegar aos 80 da cidade, terá lugar de forma progresiva, apuntou Caballero.

También te puede interesar