RGPD - Cookies
Cultura Vigo al día

Empeza a rodaxe do documental ‘Vigo 1972. A hora da verdade’

Carlos BarrosA pelicula rememora os feitos que convertiron a Vigo no centro de atención a nivel de estatal e europeo. A longametraxe documental ‘Vigo 1972. A hora da verdade’ inicia a rodaxe a semana do 24 ao 30 de agosto e trata os feitos acontecidos en Vigo en setembro do 1972, cando o despido de 5 traballadores da factoría Citröen que reclamaban a xornada de 44 horas derivou nunha folga xeral que paralizou a a bisbarra durante semanas e na que participaron mais de 30.000 traballadores que foron quen de poñer contra as cordas ao réxime franquista.

A pelicula, escrita e dirixida por Roi Cagiao e producida por Emilio J. Fernandez, pretende recuperar un episodio da historia galega e viguesa agazapado no subconsciente colectivo de moitos e descoñecido por outros.

A pertinencia dunha obra audiovisual en formato documental sobre estes feitos ven dada polo interese histórico e social dese momento. O proxecto conta co testemuño dos protagonistas dos feitos, entre os entrevistados figuran distintos dirixentes politicos e sindicais da época.

También te puede interesar