Deportes Vigo al minuto

O sábado, en Castrelos, II 24 VGO, a carreira de 24 horas de Vigo

cartel-patrociniosSe estás en boa forma e te sintes capaz de correr durante 24 horas seguidas, tes que estar en Castrelos este sábado, día 29. Ese día dispútase a II 24 VGO, a segunda edición das 24 horas de Vigo, unha competición aberta para 40 prazas individuais e para 60 equipos masculinos, femininos ou mixtos formados por un mínimo de seis atletas e un máximo de 12.

A cita ten un tirón tan grande que, ás oito horas da apertura do prazo de inscrición, hai un mes, as 30 prazas para corredores individuais estaban cubertas e a organización tivo que elevalas a 40, chegando o número de deportistas a 750.

A carreira-que se disputa sobre un circuito dun quilómetro, dende as 12 do sábado 29 de agosto ao mediodía do domingo 30-  tamén ten unha vertente social: o proxecto DisCamino 2015, para persoas con discapacidade. “Non nos conformamos coa volta de recoñecemento que deron o ano pasado. Van participar, con bicicletas especiais adaptadas… e vai haber que gañarlles”, sinalan os organizadores.

También te puede interesar