Cultura Vigo al día

O goberno local solicitará oito graos máis para a UNED de Vigo

UNED VigoO goberno local aprobará en próximos días solicitar 8 novos graos para a UNED de Vigo, que se sumarían ás cinco titulacións que xa se están a impartir actualmente: Dereito, Enxeñería en Tecnoloxías da Información, Enxeñería Informática, Turismo e Educación Social.

Segundo explicou o alcalde en rolda de prensa, o Concello elixíu estes oito estudos tras ter valorado os datos de cursos académicos anteriores e observar que son os que máis demandan teñen entre o alumnado. Os graos solicitados son Estudos Ingleses: Lingua, Literatura e Cultura, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Ambientais, Psicoloxía, Ciencia Política e da Administración, Pedagoxía, Xeografía e Historia, e Historia da Arte.

También te puede interesar