Segundo anunciaron este xoves en rolda de prensa, integrantes das brigadas contraincendios de toda Galicia mobilizaranse este venres, día 28, en Compostela-saindo ás 10 da mañá do Monte do Gozo para chegar ao Obradoiro ás 11 e media-coa finalidade de esixir a apertura de negociacións co Goberno de Galicia diante do que calificaron de “desmeantelamento do servicio de loita contra o lume”.
Como salientaron, levan “anos” denunciando as “pésimas” condicións nas que teñen que traballar, En condicións laboráis “que empeoran ano a ano” e tendo que empregar medios “escasos e anticuados”, con camións motobombas que superan os 15 anos de antigüidade, que non son últiles e que, ademáis, poñen en perigo a súa integridade.
Os representantes dos brigadistas lembraron que, ainda que en Galicia se producen máis da metade dos incendios forestais de todo o Estado, e que este ano xa ardeu moita máis superficie que en 2014, a actuación do Goberno galego é “lamentable, da a espalda ao persoal que combate os incendios e recorta inversión en medios para loitar contra o lume”.