Vigo al minuto

Dende este luns, xa funcionan as catro liñas de Vitrasa que chegan ao novo hospital

Vitrasa1 (1)Dende este luns pola mañá xa fincionan as conexións de Vitrasa ao novo hospital: en concreto, son dúas novas liñas, a H1 e H2 e a ampliación de percorridos das xa existentes, a 12B e 6. Deste xeito, segundo a concesionaria, os usuarios contarán con autobuses dende os principais ‘puntos quentes’ da cidade: cada 15 minutos dende Praza de América (H1+H2+12B), cada 20 minutos dende Praza de España (6+12B+H2) e cada 30 minutos dende Policarpo Sanz (12B+H1).

No contorno do hospital, os autobuses efectuarán ata tres paradas para deixar aos usuarios: na zona de consultas, en Urxencias e no acceso principal e para a recollida de pasaxeiros os buses realizarán dúas paradas, no acceso principal e en consultas.

En total, dende hoxe hai cinco saídas á hora dende o hospital en horario de mañá e catro saídas, en horario de tarde: de 07.15 a 15.30 horas saldrá do hospital un autobús cada 12 minutos e de 15.30 a 22.30 horas, un autobús cada 15 minutos.

O percorrido que realiza a liña H1 é, para a ida: Policarpo Sanz – Pi i Margall – Praza de América – Avenida Castrelos – Clara Campoamor e Hospital Álvaro Cunqueiro; e para a volta, partirá dende o novo Hospital – Clara Campoamor – Avda. Castrelos – Portanet – Fragoso-Camelias – Pi i Margall – Policarpo Sanz. A frecuencia é de 60 minutos en días laborables dende ás 07.50 ás 22.30 horas.

A liña H2 parte de Travesía de Vigo (Choróns) e segue por Pizarro – Praza de España – Praza de América – Avenida de Castrelos – Clara Campoamor – Hospital Álvaro Cunqueiro. A volta será dende o Hospital Álvaro Cunqueiro – Clara Campoamor – Avenida Castrelos – Gran Vía – Praza de España – Pizarro – Travesía de Vigo (Choróns). A frecuencia desta liña é de 30 minutos en días laborables pola mañá (dende ás 7.15 ás 15.30 horas) e de 60 minutos polas tardes (dende ás 15.30 horas ata ás 22.30 horas) e de 60 minutos en sábados, domingos e festivos.

A actual liña 12B que parte do Hospital Meixoeiro, que ata o momento remataba en Avenida Castrelos amplía o seu percorrido pasando por Pereiró, Rúa Canteiros, Manuel Cominges, Ramiro Pascual, Clara Campoamor e Hospital. A volta sería Hospital-Clara Campoamor – Ramiro Pacual – Manuel Cominges – Rúa Dos Canteiros – Avda. Castrelos – Portanet – Fragoso – Camelias – P.Sanz – Urzáiz – G. Vía – Pza. España – Avda. Madrid – Hospital Meixoeiro. A frecuencia da liña é de 60 minutos dende ás 06.50 ás 23.00 horas en días laborables, sábados e festivos.

A liña 6 que arranca en Praza de España e que actualmente remataba na igrexa de Beade, amplía o percorrido por Coutadas – Estrada Porto – Estrada da Venda e Hospital en días laborables. Á volta será como segue a continuación: Hospital – Estrada da Venda – Estrada do Porto – Ctra. Coutadas – Ctra. Bembrive – Alcalde Lavadores – Ceboleira – Pateira – Martínez Garrido – (Túnel) – Jenaro Fuente – Travesía Vigo – Pizarro – Plaza España. A frecuencia desta liña é de 60 minutos en días laborables.

Para os traballadores, a liña H2 realiza a súa primeira viaxe en García Barbón, en lugar de iniciar en Choróns, facendo percorrido por Sanjurjo Badía – Buenos Aires – Travesía de Vigo e continuando a súa ruta habitual.

También te puede interesar