Vigo al minuto

Caballero esixe ao Goberno de Galicia que cumpla os seus compromisos coa Asociación San Francisco

O alcalde na Asociación San Francisco/Tresyuno Comunicación
O alcalde na Asociación San Francisco/Tresyuno Comunicación

O alcalde esixiu este venres ao Goberno de Galicia que cumpla os seus compromisos coa Asociación San Francisco que, segundo os seus responsables, que tiveron hoxe unha entrevista con Abel Caballero, refírense á validación das obras efectuadas no seu local e ao apoio aos usuarios para que poidan optar por seguir nesta entidade.

“O Goberno galego está obrigado a atender a San Francisco e a garantir que os seus usuarios continúen alí se así o desexan”, asegurou o alcalde, quen denunciou unha “minusvaloración” da Asociación e a “desatención” dos seus usuarios por parte da administración autonómica.

Caballero trasladou todo o apoio da cidade á entidade, tanto na súa acción cos discapacitados como nas súas demandas ante a goberno de Santiago, “non concebimos a desaparición nin o mal funcionamento de San Francisco polo afogamento económico ao que se lle está a someter por parte do Goberno de Galicia”, ao que acusou de decir moitas palabras e non acometer acción algunha.

También te puede interesar