Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

O goberno local amplía a teleasistencia a persoas con problemas de audición e comunicación

aparatoO Concello ampliará o servizo de ‘Teleasistencia’, que actualmente presta a uns 600 usuarios, cun novo sistema para as persoas con dificultades de audición e comunicación. O “smartcom” irá acoplado ao dispositivo tradicional de voz e permitirá a comunicación vía envío de mesaxes de texto predefinidos, tal e como salientou este xoves o alcalde, quen tamén apuntou que esta mellora estará dispoñible a partir do mes de setembro.

Abel Caballero sinalou que a Deputación deixara de prestar o servizo de teleasistencia, pero que coa chegada á Presidencia de Carmela Silva, o Concello reclamará “o que Vigo ten dereito a recibir, nin máis nin menos”.

También te puede interesar