Destacados

Declarado un incendio na parroquia de Tortoreos, en As Neves, que obrigou a cortar o tráfico

O lume afecta ao barrio do Monte, na parroquia de Tortoreos
O lume afecta ao barrio do Monte, na parroquia de Tortoreos

Os servizos de extinción de incendios traballan á hora de redactar esta información nun incendio que se declarou, pasadas as 5 e media da tarde na parroquia de Tortoreos, en As Neves, e que afecta a unha zona de monte.

O lume, que segundo o alcalde, Xosé Rodríguez Méndez, está controlado, afecta á unha extensión de arvores entre a devandita porroquia, no barrio do Monte, e a de Meder, en Salvaterra.

O alcalde asegurou que o servizo de extinción chegou aos poucos minutos de que se declarase o incendio
O alcalde asegurou que o servizo de extinción chegou aos poucos minutos de que se declarase o incendio

Rodríguez asegurou a vigoalminuto que o servizo de extinción chegou aos poucos minutos de que prendese, preto do Pazo da Merced, e chegase ate uns viñedos, a uns 300 metros dunhas casas que non corren perigo.

O alcalde sí que deu aviso á Garda Civil para que cortase o tráfico na estrada vai da A-55 a As Neves dado que o fume fai moi complicada a visibilidade na mesma e é un perigo para os conductores, polo cal, na mesma xa está unha dotación para evitar que pasen os vehículos mentres rematan os traballos de extinción das lapas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.