Galicia

500 tractores rodearán Lalín este mércores para esixir prezos dignos para o leite

Sin-título5‘Tomar’ Lalín chegando dende Lugo, Chantada, Santiago, Vila de Cruces, Melide, Pontevedra e Ourense. Ese é o plan dos gandeiros que atenderon o chamamento da Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo. Deste xeito, este mércores, uns 500 tractores queren ‘rodear’ o que é o ‘centro’ de Galicia, nun radio de 4 quilómetros ao redor do mesmo.

Trátase dunha nova mobilizaciónlogo das de Santa Comba, o pasado día 1, e Chantada, o día 6– das anunciadas para este mes, para esixir uns prezos dignos para o leite que, segundo denunciaron, estase a vender ás grandes compañía por baixo do que custa a súa producción, o cal, “pon en serio perigo a continuidade da metade das granxas de Galicia”.

O alcalde de Lalín, Rafael Cuiña, pediu aos comerciantes que pechen mañá en solidaridad ecos gandeiros, un apoia que se suma ao dos tratantes de gando que deron onte o seu apoio aos gandeiros.

También te puede interesar