Sucesos

Denunciados en Nigrán por levar unha pistola simulada e unha bolsa con cocaína

PistolaA Policía Local de Nigrán interviu este domingo unha pistola simulada de plástico e sen capuchón identificativo e 0,5 gramos de cocaína a dous individuos de Gondomar de 26 e 47 anos. O suceso tivo lugar onte pola tarde:a unha patrulla policial lle chamou a atención a presencia dun Opel Astra estacionado na rúa Otero Pedrayo con dous varóns no seu interior. Tras observalos, chamaron a outra unidade policial e procederon a identificar aos ocupantes, comprobando que ambos tiñan antecedentes por alcoholemia, hurtos, agresións, entre outros delitos.

No momento en que un deles foi coller a documentación na guanteira do coche, un dois axentes percatouse de que esta tamén contiña unha pistola que nese momento aínda non se apreciaba se era real ou non. Ante esta situación procedeuse a chamar a outra patrulla e se pediu aos ocupantes que baixen do turismo para inspeccionalos a ambos, nese momento observaron como o condutor arroxaba ao chan unha bolsiña de plástico cunha sustancia que, en apariencia, era cocaína. A este individuo, con un forte olor a alcohol, practicóuselle a proba de alcoholemia, arroxando un resultado positivo de 0,47 mlg/l.

Dado que o acompañante non tiña permiso de circulación, procedeuse a requisar o vehículo ata que a muller do condutor viu a facerse cargo do mesmo. Ambos foros denunciados polos feitos descritos.

También te puede interesar