Vigo al minuto

Catro novas liñas de Vitrasa ao novo hospital, dende o día 24 deste mes

VitrasaFotos: Tresyuno Comunicación/ Vitrasa ampliará a conexión con novo hospital con outras catro liñas: en concreto, creará dúas novas liñas, a H1 e H2 e ampliárá as xa existentes 12B e 6. Deste xeito, os usuarios contarán con autobuses dende os principais ‘puntos quentes’ da cidade: cada 15 minutos dende Praza de América (H1+H2+12B), cada 20 minutos dende Praza de España (6+12B+H2) e cada 30 minutos dende Policarpo Sanz (12B+H1).

No contorno do hospital, os autobuses efectuarán ata tres paradas para deixar aos usuarios: na zona de consultas, en Urxencias e no acceso principal e para a recollida de pasaxeiros os buses realizarán dúas paradas, no acceso principal e en consultas.

En total, haberá cinco saídas á hora dende o hospital en horario de mañá e catro saídas, en horario de tarde: de 07.15 a 15.30 horas saldrá do hospital un autobús cada 12 minutos e de 15.30 a 22.30 horas, un autobús cada 15 minutos.

O novo servizo ao hospital implica a posta en movemento de catro buses e a contratación de dez condutores, segundo subliña o director xeral da empresa quen salienta que “Vitrasa traballa, dende hai meses, en coordinación co Concello e co hospital”.

Vitrasa está desenvolvendo un “servizo progresivo”, dacordo co funcionamento do hospital e coa evolución do fluxo de usuarios: dende o 6 de xullo ata o 21 de agosto está habilitada unha lanzadeira dende Praza de América (parada Avenida Castrelos fronte ao pavillón) ao hospital cada media hora dende ás 07.25 ata ás 16.15 horas para atender ás consultas. Actualmente, con esta lanzadeira estase desprazando unha media de 500 viaxeiros ao día ao hospital.

Vitrasa1A partir do 24 de agosto, con motivo da chegada de internos ao hospital o servizo pasa a funcionar a “pleno rendemento”. Vitrasa porá en marcha dúas novas liñas co nome de H1 e H2.

O percorrido que realizará a liña H1 será, para a ida: Policarpo Sanz – Pi i Margall – Praza de América – Avenida Castrelos – Clara Campoamor e Hospital Álvaro Cunqueiro; e para a volta, partirá dende o novo Hospital – Clara Campoamor – Avda. Castrelos – Portanet – Fragoso-Camelias – Pi i Margall – Policarpo Sanz. A frecuencia será de 60 minutos en días laborables dende ás 07.50 ás 22.30 horas.

A liña H2 partirá de Travesía de Vigo (Choróns) e seguirá por Pizarro – Praza de España – Praza de América – Avenida de Castrelos – Clara Campoamor – Hospital Álvaro Cunqueiro. A volta será dende o Hospital Álvaro Cunqueiro – Clara Campoamor – Avenida Castrelos – Gran Vía – Praza de España – Pizarro – Travesía de Vigo (Choróns). A frecuencia desta liña será de 30 minutos en días laborables pola mañá (dende ás 7.15 ás 15.30 horas) e de 60 minutos polas tardes (dende ás 15.30 horas ata ás 22.30 horas) e de 60 minutos en sábados, domingos e festivos.

A actual liña 12B que parte do Hospital Meixoeiro, que ata o momento remataba en Avenida Castrelos amplía o seu percorrido pasando por Pereiró, Rúa Canteiros, Manuel Cominges, Ramiro Pascual, Clara Campoamor e Hospital. A volta sería Hospital-Clara Campoamor – Ramiro Pacual – Manuel Cominges – Rúa Dos Canteiros – Avda. Castrelos – Portanet – Fragoso – Camelias – P.Sanz – Urzáiz – G. Vía – Pza. España – Avda. Madrid – Hospital Meixoeiro. A frecuencia da liña é de 60 minutos dende ás 06.50 ás 23.00 horas en días laborables, sábados e festivos.

Vitrasa2A liña 6 que arranca en Praza de España e que actualmente remataba na igrexa de Beade, ampliará o percorrido por Coutadas – Estrada Porto – Estrada da Venda e Hospital en días laborables. Á volta será como segue a continuación: Hospital – Estrada da Venda – Estrada do Porto – Ctra. Coutadas – Ctra. Bembrive – Alcalde Lavadores – Ceboleira – Pateira – Martínez Garrido – (Túnel) – Jenaro Fuente – Travesía Vigo – Pizarro – Plaza España. A frecuencia desta liña é de 60 minutos en días laborables.

Para os traballadores, a liña H2 realizará a súa primeira viaxe en García Barbón, en lugar de iniciar en Choróns, facendo percorrido por Sanjurjo Badía – Buenos Aires – Travesía de Vigo e continuando a súa ruta habitual.

También te puede interesar