Segundo os datos de Medio Rural, á hora de redactar esta información están activos os incendios de Pereiro de Aguiar, en Ourense, de Sobrado, en A Coruña, de Lousame e os de Toques, Santiago e Trazo, na mesma provincia, que en conxunto, queimaron xa máis de 500 hectáreas, ás que hai que engadir as de Ames, tamen en A Coruña, e o que o lume arrasou en Tomiño e A Guarda- que dos que non hai información posto que o Goberno de Galicia so difunde os traballos en aqueles que superan as 20 hectáreas.
O que sí se sabe é que, dende as 12 da noite declaráronse, en toda Galicia, preto de 90 incendios, nas catro provincias que, segundo estimacións non oficiais, poderían superar as 850 hectáreas de superficie arrasada.
O incendio de Pereiro de Aguiar empezou este domingo pouco antes da medianoite. Segundo as estimacións provisionais, queimou xa 30 hectáreas e no seu control traballan 5 axentes forestais, 8 brigadas, 8 motobombas, 1 helicóptero e 2 avións.
Ás 10 da mañá parecía estar estabilizado o lume da parroquia de Codesoso, no concello de Sobrado, que prendeu ás 2 da mañá, e xa queimou 80 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 7 axentes forestais, 13 brigadas, 11 motobombas, 2 pas e 1 helicóptero.
Polo que se refiera ao de Lousame, que leva ardendo dende onte as 3 da tarde, na parroquia de Tállara, acabou con 40 hectáreas ata que empezou a controlarse por 1 técnico, 7 axentes forestais, 19 brigadas, 8 motobombas, 2 pas e 4 helicópteros.
No concello de Toques, o incendio, que empezou ao mediodía do domingo, arrasou máis de 200 hectáreas na Rede Natura, na parroquia de Vilamor. Ainda seguen traballando no mesmo 12 axentes forestais, 28 brigadas, 16 motobombas, 4 pas, 7 helicópteros e 9 avións.
En Trazo, o lume xa queimou 130 hectáreas na parroquia de Benza. Na súa extinción traballan 1 técnico, 8 axentes forestais, 11 brigadas, 7 motobombas, 2 pas, 1 helicóptero e 2 avións.
O da parroquia de Figueiras, en Santiago, está estabilizado dente as 4 e media da mañá, non extinguido, lodo de quiemar, dende este domingo ás 8 da tarde, preto de 40 hectáreas. Nel traballan 1 técnico, 6 axentes forestais, 10 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 2 helicópteros e 2 avións.