Tres incendios en Toques, Teo e Lousame, ainda activos, queimaron xa máis de 150 hectáreas

LumeA provincia de A Coruña segue ardendo: tres incendios forestais están activos Toques, Teo e Lousame. Segundo a Consellería de Medio Rural, o lume de Toques, que empezou pasado o mediodía deste domingo, arrasou xa 135 hectáreas da Rede Natura. Na súa extinción traballan cinco axentes forestais, 13 brigadas, 7 motobombas, 6 helicópteros e 7 avións.

Pasadas as 3 da tarde, na parroquia de Tállara, en Lousame, declarouse outro incendio que, á hora de redactar esta información, xa consumirá 20 hectáreas. Un técnico, catro axentes, 13 brigadas e 2 motobombas intentan conter o lume.

Preto das 6 da tarde, empezou otro incendio en Cacheiras, parroquia do concello de Teo, no que decretouse o nivel 2 pola proximidade das lapas ás casas e a un depósito de gas. Segundo os veciños, podería ter superado as 30 hectáreas-dato que non foi confirmado por Medio Rural. Ata o lugar desplazáronse 3 helicópteros, 3 motobombas, 4 axentes e 1 axente forestal.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.