Galicia

Controlado o incendio de Corrubedo que obrigou a desaloxar o camping e varias casas

LumeSegundo informa Medio Rural, este domingo, ás 11 da mañá, quedou controlado o incendio forestal rexistrado na parroquia de Corrubedo, no concello coruñés de Ribeira. O lume iniciouse o sábado preto das 7 e media da tarde e afectou, segundo estimacións provisionais, unha superficie de 35 hectáreas, das cales 32 son de monte arborado e o resto de raso.

A proximidade das lapas obrigou á Policía Local a recomendar aos veciños das casas ás que se achegaba o incendio, a que saísen das mesmas, ademáis das persoas que estaban no camping da zona, ao tempo que se cortou ao tráfico a AC-303.

Nas tarefas de extinción do lume traballaron 1 técnico, 6 axentes forestais, 17 brigadas, 12 motobombas, 2 pas e 2 helicópteros.

También te puede interesar