Os días 21 e 22 de agosto do 2015 o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizará a V Edición do Torneo de Baloncesto 3×3 nas pistas do Colexio Seis do Nadal.
O Torneo estará dividido en tres categorías: minibásquet, infantil-cadete e júnior-sénior. A categoría minibásquet e a categoría infantil-cadete xogarán sendos torneos 3×3 paralelos o venres 21 de agosto do 2015 en xornada de tarde; mentres que a competición do torneo 3×3 de categoría júnior-sénior será o sábado 22 de agosto do 2015 ao longo de todo o día. Os horarios de cada categoría se publicarán unha vez sexa pechado o prazo de inscrición o próximo día 19 de agosto.
Os equipos deberán estar formados por cinco xogadores/as como máximo, tres como mínimo e poderán ser combinados masculinos, femininos e mixtos sempre respetando as idades das categorías do campionato que serán as categorías desta nova tempada 2015/2016.
Os equipos que desexen participar no torneo deberán enviar un correo electrónico a [email protected] antes do próximo mércores 19 de agosto do 2015 indicando:
Nome e categoría do equipo participante; nome, apelidos e data de nacemento de tódolos integrantes do equipo (mínimo 3 e máximo 5); responsable do equipo e móbil de contacto.
As inscricións serán aceptadas por rigoroso orde de inscrición ata completar o número máximo de equipos en cada unha das categorías. A confirmación da praza nesta V Edición do Torneo de Baloncesto 3×3 será comunicada a través do correo electrónico facilitado ao facer a inscrición. A cuota simbólica de participación será recollida antes do primeiro encontro de cada equipo no campionato.