Deportes Vigo al minuto

Aberta a inscripción para o V Torneo de Baloncesto 3×3 do Seis do Nadal-Coia

BaloncestoOs días 21 e 22 de agosto do 2015 o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizará a V Edición do Torneo de Baloncesto 3×3 nas pistas do Colexio Seis do Nadal.

O Torneo estará dividido en tres categorías: minibásquet, infantil-cadete e júnior-sénior. A categoría minibásquet e a categoría infantil-cadete xogarán sendos torneos 3×3 paralelos o venres 21 de agosto do 2015 en xornada de tarde; mentres que a competición do torneo 3×3 de categoría júnior-sénior será o sábado 22 de agosto do 2015 ao longo de todo o día. Os horarios de cada categoría se publicarán unha vez sexa pechado o prazo de inscrición o próximo día 19 de agosto.

Os equipos deberán estar formados por cinco xogadores/as como máximo, tres como mínimo e poderán ser combinados masculinos, femininos e mixtos sempre respetando as idades das categorías do campionato que serán as categorías desta nova tempada 2015/2016.

Os equipos que desexen participar no torneo deberán enviar un correo electrónico a [email protected] antes do próximo mércores 19 de agosto do 2015 indicando:

Nome e categoría do equipo participante; nome, apelidos e data de nacemento de tódolos integrantes do equipo (mínimo 3 e máximo 5); responsable do equipo e móbil de contacto.

As inscricións serán aceptadas por rigoroso orde de inscrición ata completar o número máximo de equipos en cada unha das categorías. A confirmación da praza nesta V Edición do Torneo de Baloncesto 3×3 será comunicada a través do correo electrónico facilitado ao facer a inscrición. A cuota simbólica de participación será recollida antes do primeiro encontro de cada equipo no campionato.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.