Comarcas

Chega a Salceda o ‘English Camp’

IMG_0021Na segunda quincena de Agosto, en Salceda comeza o ‘English Camp’ cuxo obxetivo é, segundo salienta o Concello, “reforzar e mellorar o nivel de inglés dos máis cativos a través de xogos”.

Para poder inscribirse, hai que cubrir o modelo de solicitude que está na Casa da Cultura. O custe do campamento é de 85 € e o seu horario de 9 e media da mañá a 2 da tarde. O campamento inclúe o servizo de aula matinal as 8 da mañá, de comedor (sempre e cando acade un número mínimo de alumnos), sendo de 3-12 anos as idades que poden participar no campamento.

Segundo lembran os responsables locais, “o campamento de verán xa ven tendo a 190 nenos e nenas que disfrutan das actividades que alí se realizan, nun conxunto de xogos que incrementan o dinamismo e as relacións sociais entre os máis cativos”.

Te podría interesar