RGPD - Cookies
Vigo al día

Tes tres semanas para estar en forma se queres participar na «II 24 VGO»

cartel-patrociniosSe estás en boa forma e te sintes capaz de correr durante 24 horas seguidas, tes que estar en Castrelos o vindeiro día 29. Ese día dispútase a II 24 VGO, a segunda edición das 24 horas de Vigo, unha competición aberta para 40 prazas individuais -falta unha soa por cubrir- e para 60 equipos masculinos, femininos ou mixtos formados por un mínimo de seis atletas e un máximo de doce. A día de hoxe (o prazo está aberto ata o 15) son 48 os equipos inscritos e a cita ten un tirón tan grande que, ás oito horas da apertura do prazo de inscrición as 30 prazas para corredores individuais estaban cubertas e a organización tivo que elevalas a 40, quedando a día de hoxe unha soa vacante.

A carreira-que se disputa sobre un circuito dun quilómetro, dende as 12 do sábado 29 de agosto ao mediodía do domingo 30-  tamén ten unha vertente social: o proxecto DisCamino 2015, para persoas con discapacidade. «Non nos conformamos coa volta de recoñecemento que deron o ano pasado. Van participar, con bicicletas especiais adaptadas… e vai haber que gañarlles», sinalaron os organizadores, este martes, durante a presentación.

También te puede interesar