Vigo al minuto

A Marea devolve as 4 entradas de balde que o Concello da a cada concelleiro para cada concerto do verán

Páxina de Facebook de Rubén Pérez, voceiro municipal de A Marea
Páxina de Facebook de Rubén Pérez, voceiro municipal de A Marea

Os tres concelleiros de A Marea de Vigo, decidiron devolver ao goberno local as entradas que achegaran ao grupo municipal dende a Concellería de Festas, para as actuacións, en Castrelos, de ‘Los Enemigos’, o sábado que ven, e Julieta Venegas, o venres 7 de agosto.

Segundo asegurou o grupo municipal de A Marea adoitou esta decisión en cumprimento do seu “código ético”, xa que non cre xustificable que, mentres os veciños teñen que pasar por taquilla, os 27 concelleiros da Corporación e os seus familiares entren de balde.

A Marea sinala que tamén a familia de cada concelleiro entra gratis ás actuacións xa que a Concellería de Festas reparte 4 entradas, por concerto, a cada un dos concelleiros, “se multiplicamos esas catro entradas polos 27 edís que hai en Vigo, son máis de 100 sitios”, que se ocupan sen pagar e que poderían ocupar outras persoas que fosen á actuación.

También te puede interesar