Vigo al minuto

Vigo, primeira cidade do Estado que acolle un campionato internacional de Street Stunts

5Vigo acollerá, por primeira vez en España, un campionato internacional de Street Stunts, modalidade deportiva máis coñecida polas acrobacias que, utilizando o propio mobiliario urbano, executan saltadores a xeito de acrobacias. “No mundo da creatividade e das ideas, Vigo tamén ocupa o seu lugar”, salientou este mércores, durante a presentación do evento, o alcalde, Abel Caballero.

A cita está programada por para os días 11 e 12 de setembro próximos e nela tomarán parte os 16 mellores stunters do mundo, nun evento que se celebrará nun espectacular escenario de obstáculos deseñado e adaptado á fachada do Real Club Náutico de Vigo.

Vigo Street Stunts esta organizado pola axencia de publicidade e servizos globais Ideas de Percebe; dap·dap!, axencia de mercadotecnia online, contando coa colaboración de GUP (Galizian Urban Proyect), colectivo de atletas galegos especializados nesta actividade deportiva, consolidados no amplo panorama intercontinental como un referente do parkour e o freerunning. A proposta nace co obxectivo de converterse nun dos maiores espectáculos dentro das modalidades do denominado deporte urbano.

O Street Stunts é un tipo de actividade extrema practicada polos chamados street stunters ou stunters. Caracterízase polos seus elegantes e acrobáticos movementos, propios da ximnasia olímpica, definida baixo o nome de “ximnasia urbana”. Contén similitudes con outras disciplinas como as artes marciais ou o breakdance.

O Street Stunts caracterízase pola implementación de movementos extremos nas habilidades físicas do ser humano, como o Handstands (equilibrio ou parada de mans); Flips (máis coñecido como saltos mortais); o Barhold (ou bandeira) e que son mesturados, de xeito común, con movementos de igual similitude que os que se poden ver no Parkour.

Para o seu completo desenvolvemento Ideas do Percebe, dap·dap!, GUP e o arquitecto Juan Iglesias, do prestixioso estudo EUA, deseñaron un escenario de obstáculos que estará situado diante da fachada máis urbana do Real Club Náutico de Vigo, dende a que terá lugar a presentación dos stunters e se dará inicio á proba.

O evento estará arroupado con actuacións en directo de prestixiosos grupos de música, DJS e grupos de diferentes bailes da cultura urbana, que serán os encargados de dinamizar o espectáculo, tanto na xornada de adestramentos coma na de competición.

También te puede interesar