Preto de 800 hectáreas de carballos, castiñeiros e érbedos no Courel, arrasados polo lume en incendios aínda activos

Incendio61Máis de 200 hectáreas arrasou xa o incendio iniciado o pasado sábado pasadas as 7 da tarde no no concello lucense de Folgoso do Courel. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de arredor de 200 hectáreas. Nas tarefas de control levan participado 2 técnicos, 15 axentes forestais, 32 brigadas, 22 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 3 avións.

A él súmase, dende a 1 da mañá deste luns outro lume, tamén en Lugo, neste caso na parroquia de Bruicedo, en A Fonsagrada, que xa quiemou unha 28 hectáreas, das cales 20 son de monte raso e as 8 restantes de arborado. No seu control traballan 2 axentes forestais, 3 brigadas, 3 motobombas e 1 pa.

O máis grave de todos eles , que está a afectar a Rede Natura, e xa queimou árvores de moitos anos, entre eles unha fraga de érbedos, é o da Navia de Suarna, tamén na provincia de Lugo. O lume iniciouse o sábado as 5 e media da tarde e, ata este luns a primeira hora xa arrasara 431 hectáreas. No seu control levan traballado 1 técnico, 10 axentes forestais, 40 brigadas, 23 motobombas, 1 pa, 10 helicópteros e 6 avións. Tamén colaboraron nas tarefas de control membros da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

También te puede interesar