Comarcas

As Neves xa ten cartaz para a X edición da Feira do Tinto das Rías Baixas

Os membros do xurado, a xornalista Sara Vila, o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez e o profesor Agustín Valiño, co cartaz gañador e os dous cartaces finalistas
Os membros do xurado, a xornalista Sara Vila, o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez e o profesor Agustín Valiño, co cartaz gañador e os dous cartaces finalistas
O cartaz deseñado polo nevense Francisco Rodríguez, titulado 'Explosión Sousón', será quen represente á 'X Feira do Tinto das Rías Baixas', quese celebrará en As Neves os días 22 e 23 de agosto.

Por unanimidade, o xurado, presidido polo alcalde, Xose Manuel Rodríguez Méndez, e integrado pola a xornalista especializada en crónica cultural, Sara Vila, e por Agustín Valiño , profesor de debuxo no IES Pazo da Mercé, elixiu esta obra entre as nove que se presentaron ao concurso convocado polo Concello.

Por primeira vez nas dez edicións da Feira do Tinto, a imaxe do mesmo sacouse a concurso “dando así a oportunidade de expresarse aos novos talentos e aproveitando a súa imaxinación e creatividade para renovar a imaxe desta cita á que acuden cada ano milleiros de persoas”, comentou o alcalde.

cartazdoviñoAsNeves

O gañador recibirá un premio dotado con 250 €, mentres que o primeiro finalista, Pablo González, de Salvaterra, percibirá 150 € pola súa proposta, ‘Triangulitis’, e a segunda finalista,  Jessica Lorenzo, da parroquia de Liñares, que concurriu coa obra titulada ‘Río de Viño’, obterá 100 €.

Nesta ‘X Festa do Tinto das Rías Baixas’ o programa incorporará distintas novidades para conmemorar a primeira década da mesma, entre elas unha aposa decidida pola ‘maridaxe’ entre os excelentes caldos da zona e a súa  apreciada gastronomía, unha das máis admiradas de Galicia.

También te puede interesar