Arde Galicia: máis de 800 hectáreas a fin de semana, 550 en lumes ainda activos en Ourense e O Courel

O presidente do goberno galgo, pola mañá estivo na catedral de Santiago e pola tarde nunha misa en San Domingos de Bonaval
O presidente do goberno galgo, pola mañá estivo na catedral de Santiago e pola tarde nunha misa en San Domingos de Bonaval

O incendio rexistrado este sábado as 5 e media da tarde na parroquia de Ribeira, no concello lucense de  Navia de Suarna, permanece activo. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de unhas 300 hectáreas en terreos de Rede Natura. No seu control levan traballado 1 técnico, 7 axentes forestais, 26 brigadas, 19 motobombas, 1 pa, 9 helicópteros e 5 avións. Tamén colaboran nas tarefas de control membros da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Neste lume foi preciso decretar como medida preventiva a ‘Situación 2’ porque podía afectar á poboación e a bens non forestais, requerindo a adopción inmediata de medidas de protección e socorro. Esta situación operativa de emerxencia foi desactivada preto das 2 desta madrugada.

Centos de galegos estiveron toda a fin de semana e seguen este domingo, loitando contra o lume nas catro provincias galegas
Centos de galegos estiveron toda a fin de semana e seguen este domingo, loitando contra o lume nas catro provincias galegas

Por outra banda, o  incendio iniciado onte pasadas as 7 da tarde en  Folgoso do Courel, tamén segue activo. Segundo Medio Rural, a superficie afectada é de 50 hectáreas. Nas tarefas de control levan participado 2 técnicos, 5 axentes forestais, 14 brigadas,11 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 2 avións.

Tamén segue ardendo o monte en Padrenda, ainda que asegura o Goberno de Galicia que o lume está “controlado”. As lapas levan preto de dous días e xa quiemaron máis de 200 hectáreas da Rede Natura. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 9 axentes forestais, 30 brigadas, 12 motobombas, 1 pa e 6 helicópteros.

Esta fin de semana hai que sumar a eles os incendios de Oímbra, que arrasou máis de 200 hectáreas e o de Figueiras, en Compostela, que achegouse ás 70, polo cal arderon xa en Galicia, en apenas tres días más de 800 hectáreas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.