Galicia

Evacuados os veciños de Ribeira, en Navia de Suarna, logo de que o lume se achegase as súas casas

LumeMedio Rural ven de activar a alerta 2, logo de que o lume se achegase ás casas no incendio que está activo na parroquia de Ribeira, no concello lucense de Navia de Suarna. Ás 7 da tarde, o incendio xa arrasara máis de 20 hectáreas.

A alerta 2 se activa cando o lume poñe en situación de perigo á poboación aos seus bens ou deben de sair das súas vivendas con urxencia.

No control do incendio están traballando catro axentes forestais, 6 motobombas, 10 brigadas, sete helicópteros e 5 avións.

También te puede interesar