‘A Nación Galega’ xunta a milleiros de persoas en Compostela

Praza da QuintanaÁ 1 da tarde, canda a Praza da Quintana xa estaba chea, aindan estaban saindo da Alameda de Compostela os últimos dos participantes da manifestación convocada polas forzas nacionalistas baixo o lema ‘A Nación Galega’.

Por primeira vez, o BNG, Anova, Compromiso por Galicia e Esquerda Unida sairon xuntos un 25 de xullo o cal, segundo o escritor Suso de Toro é “un éxito” e pode abrir a posibilidade dunha candidatura “unitaria” de todas estas formacións ás Eleccións Xerais de finais deste ano.

Xunto coa Quintana ateigada, a imaxe do día foi xuntar no mesmo espazo ao líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, o voceiro do BNG, Xavier Vence, a líder de Esquerda Unida, Yolanda Díaz e o secretario xeral de Compromiso, Xoán Bascuas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.