Galicia

Activos catro incendios en Galicia que queimaron xa máis de 230 hectáreas

IncendioSegundo informa Medio Rural, a esta hora segue activo o incendio de Padrenda, que empezou pouco antes das 2 da mañá e que xa queimou unha superficie de 50 hectáreas en terreos de Rede Natura. No seu control traballan 3 axentes forestais, 5 brigadas, 3 motobombas e 1 pa.

Tamén está activo, ainda que controlado dende antes das 6 da mañá deste venres, o lume rexistrado no concello ourensán de Oímbra: segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de arredor de 100 hectáreas. Nos labores de control traballan 7 axentes forestais, 20 brigadas, 10 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.

Dende as 8 da mañá, permanece controlado o incendio rexistrado en Compostela, parroquia de Figueiras. O lume iniciouse preto das 5 da tarde de onte e segundo estimacións provisionais afecta a unha superficie de 60 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 15 axentes forestais, 24 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 6 avións.

Neste lume foi desactivada a “Situación 2” ás 9 e media da noite de onte, tras decretarse como medida preventiva ás 7 da tarde. Esta situación operativa de emerxencia declárase cando o lume pode afectar á poboación e a bens non forestais e require a adopción inmediata de medidas de protección e socorro.

Asi mesmo, permanece controlado desde as 9 da noite de onte o lume rexistrado no concello de Trasmiras, parroquia de Chamosiños, que comezou ás 6 da tarde. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Nos labores de extinción traballan 4 axentes forestais, 12 brigadas, 5 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 5 avións.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.