Feijóo comprométese a que a Risga se tramite nun máximo de 60 días

Exclusión-socialO Goberno de Galicia aprobou este xoves unha ampliación dos recursos para atender aos beneficiarios da Renda de Inserción Social de Galicia (RISGA) e a mellora dos mecanismos para axilizar a resolución das solicitudes.

O presidente Feijóo precisou que con esta ampliación de recursos rematarase o ano cun orzamento de máis de 53 millóns de euros, “5 millóns sobre o previsto ao inicio do ano e un 133% máis que en 2009, cando o orzamento era de 22,7 millóns”.

No tocante á axilización dos mecanismos para resolver as solicitude, o xefe do Goberno afirmou que o obxectivo é que todas elas se resolvan e notifiquen nun prazo de 60 días, “de forma que poidamos atender todas as solicitudes con dereito xa presentadas no primeiro semestre do ano e as que se presenten no último semestre do 2015 e que a lista de espera dos solicitantes da Risga sexa cero”.

Durante a rolda de prensa que seguiu ao Consello, Feijóo salientou que 2014 pechouse con 12.348 beneficiarios acumulados, un 8,3% máis que en 2013, se ben por primeira vez rexistrouse un descenso no número de solicitudes presentadas, unha tendencia que se consolida no primeiro semestre de 2015”, no que existe un descenso do 13% con respecto ao mesmo período do ano anterior, curiosamente pese a ter que incrementar a partida orzamentaria hoxe mesmo-

También te puede interesar