RGPD - Cookies
Deportes

Dende o luns, en Tui, campus de baloncesto Joe Arlauckas

Cartel Campus 2015Dende o vindeiro luns, 27 de xullo, ata o sábado 1 de agosto celebrarase o Campus de Tecnificación Joe Arlaukas-Tui 2015. O Campus conta coa colaboración e asesoramento de Moncho López, ex adestrador da Selección Española e actual adestrador do F.C. Porto e da Selección de Angola.

Estará dirixido por Joe Arlauckas, ex xogador da NBA e do Real Madrid, que xunto a un equipo de adestradores superiores como Rafa Monclova (Sevilla Baloncesto), Cesar Iglesias (Selección Galega), Andrés Cadahía (C.B. Rosalía Fedesa), José Miguel González (C.B. Tui) e Miguel Ángel Simón (C.B. Tui), adestrarán a 50 xogadores procedentes das canteiras de equipos galegos, portugueses e de equipos ACB, ADECCO e LEB.

Está confirmada a visita o Campus 2015 de dous xogadores da Liga Endesa ACB: Salva Arco, xogador do COB Ourense recentemente ascendido a Liga ACB e David Navarro do Basket Club Andorra, así como tamén asistirá o adestrador LEB Yago Casal que dará varias master class.

Nesta edición 2015 asistirán xogadores como o galego Brais Gago (internacional e xogador do C.B. Clavijo), Elena de Alfredo (internacional e xogadora da Universidade de Tampa, EEUU), Pablo Villarejo (Araberri Basket Club), Carlos Hidalgo (internacional e xogador do Baloncesto Sevilla Cajasol), Sebastián Bacale-Mbansogo (C.B. Fundación Fuenlabrada), Guille Mulero (junior Real Madrid e recente campión da Euroliga), xogadores das canteiras de clubes portugueses como o F.C. Porto, Club dos Galitos, Sampaense Basket, Clube Baloncesto Valença, así como tamén xogadores das canteiras de equipos galegos como o COB Ourense, C.B. Tui, C.B. Baiona, C.B. Seis do Nadal, C.B. Redondela, C.B. Defensores do Morrazo, Bosco Salesianos Ourense ou C.B. Condado.

También te puede interesar