Galicia

Brigadistas maniféstanse en Compostela para denunciar a desmantelamento do servizo contra o lume

2015 07 22 ManifaDefensaServizoContraIncendiosXunta01Un milleiro de brigadistas manifestáronse este mércores en Compostela diante do edificio do Goberno de Galicia, en San Caetano, para esixir á Consellería de Medio Rural que se sente a falar para rematar co “desmantelamento” do servizo e a “precarización” dos seus postos de traballo.

Os traballadores subliñaron que, na súa situación actual, están a poñer as súas vidas en perigo, debido as deficiencias de formación e de experiencia, a falla de coordenación e o uso de material que non é o axeitado para facerlle fronte ao lume.

A semana pasada, os representantes dos brigadistas denunciaron que o Goberno de Galicia mentía no que se refie aos medios que ten para afrontar os lumes e advirtía de que o executivo está nun proceso de “desmantelamento continuo” dos servizos. Na súa opinión, os datos que adiantou o goberno Feijóo no que se refire aos dispositivos son “totalmente falsos”.

También te puede interesar