Vigo al minuto

O luns que ven tes unha cita co Festival Folclórico Internacional de Coruxo

GE_A_Buxaina_FIC2015--- (2)O Grupo Etnográfico A Buxaina organiza o vindeiro luns, 27 de xullo, o Festival Folclórico Internacional de Coruxo, en colaboración co Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo (CRACC).

O obxectivo deste evento é coñecer o folclore e a cultura de grupos de diferentes partes do mundo a través do seu baile e a súa música.  Este ano o Festival conta coa visita de grupos chegados dende México (Compañía Nacional de Danza Folklórica de México), China (Grupo de Baile da Universidade de Hebei), Eslovaquia (Folklore Group Pol’ana), Euskadi (Alkartasuna Dantza Taldea) e, por suposto, coa actuación do grupo anfitrión, o Grupo Etnográfico A Buxaina.

O acto celebraráse no campo do Vao, a partir das 9 e media da noite e a entrada é de balde.

También te puede interesar