Deportes Vigo al minuto

O Concello aproba un orzamento de 5,2 millóns para a reforma da Tribuna de Balaídos

Así quedará Balaídos logo da reforma
Así quedará Balaídos logo da reforma

O alcalde informou este martes da aprobación, na reunión da Xunta de Goberno Local, do novo proxecto de execución de obra da fase II da bancada de Tribuna e a súa cuberta, no estadio municipal de Balaídos.

Unha vez aprobado o proxecto, cun importe de 5.234.000 €, o Concello abre o proceso administrativo -aprobación de pregos para a licitación, publicidade da mesma, apertura e valoración de ofertas para a adxudicación final e formalización do contrato- e prevé que as obras estean xa en marcha no mes de novembro ou, como tarde, a comezos de decembro.

O proxecto inclúe modificacións técnicas e de materiais, tanto para a cuberta como para a fachada do estadio, apuntou o rexedor. Ademais de demoler a cuberta existente para a instalación da nova, tamén se acometerá o reforzo da estrutura de suxeción.

También te puede interesar